Á diferenza do viño Albariño, o viño espumoso ten unha segunda fermentación na botella, grazas ás leveduras e ao azucre natural. Neste proceso xérase o gas carbónico que se traducirá en burbulla.
Unha vez rematada a crianza en rima, o pescozo da botella conxélase e córtase para eliminar os restos de leveduras que permanecen no seu interior. A continuación, engádese o licor de expedición para completar o Espumoso.