As volandeiras, como outros bivalvos, son unha especie filtradora que se alimenta de fitoplancton. Son ricas en vitaminas A e B, baixas en graxas e con alto conteúdo protéico e en minerais como calcio, iodo e fósforo.
Envasadas de forma tradicional, peza a peza. Do mar á lata en cuestión de horas, para preservar todas as súas cualidades coa máxima frescura. Preséntanse preparadas en salsa tradicional mariñeira, á base de cebola, tomate, loureiro, vinagre e aceite de oliva virxe extra. Un manxar gastronómico que combina á perfección con viños brancos secos.