O "xeito" é un arte de pesca de enmalle de deriva, de dilatada tradición no pobo de Rianxo (Ría de Arousa). A xoubiña captúrase no mes de xullo, cando as súas características culinarias están no seu momento óptimo. Envasamos de forma tradicional, peza a peza, manualmente. O peixe pasa do mar á lata en aproximadamente 4 horas, co fin de preservar todas as súas cualidades e a máxima frescura.