Termos e Condicións
Condicións de compra e uso
Os presentes Termos e Condicións de Venda rexerán a compra e venda dos produtos que Antonio J. González Abalo - Charcutería Seco 44806673M, Area Central, local 23 - 15707 Santiago de Compostela (de agora en diante, CHARCUTERÍA SECO) comercializa a través do seu sitio web www.secogourmet.com (de agora en diante, o Sitio Web).
Os datos do responsable legal son:
Antonio José González Abalo – Charcutería Seco
CIF: 44806673M
Enderezo: Area Central, local 23 – 15707 Santiago de Compostela
Dominio/s: www.secogourmet.com
Contacto: Tel. 981560205 / charcuteriasecoareacentral@gmail.com
1. Aceptación das Condicións de Venda e acceso ao Sitio Web
Ao usar os servizos do Sitio Web, o Usuario acepta as presentes Condicións de Venda, que definen os dereitos e obrigacións de Charcutería Seco e os Usuarios no marco do Sitio Web. Estas son as únicas Condicións de Venda aplicables ao uso do Sitio Web (sen prexuízo de que para certos servizos poidan existir condicións particulares) e á contratación de pedidos a través do Sitio Web, substituíndo a calquera outras condicións, agás acordo previo e por escrito entre Charcutería Seco e o Usuario.
Para acceder ao Sitio Web non se require o rexistro dos Usuarios. Con todo, para poder contratar algún dos servizos ofertados por Charcutería Seco, requirese o rexistro do Usuario e a aceptación destas condicións antes de formalizar o pagamento correspondente.
2. Obxecto
A presente páxina web foi deseñada para dar a coñecer os servizos ofertados por Charcutería Seco, para proporcionar información sobre os produtos, prezos e ofertas, así como para a venda dos seus produtos.
3. Condicións de envío
Os portes correrán a cargo do cliente e non están incluídos no prezo do produto, os portes varían segundo sexa o lugar e o peso do produto dentro da península e as Baleares. Non se realizarán entregas en días festivos.
4. Política de Cambios e Devolucións, Dereito de desistencia e excepcións
O prazo máximo para realizar unha devolución ou reclamación é de 7 días naturais desde a recepción do pedido. (No caso de escoller a opción de "Recollida na tenda", o prazo comezará a correr unha vez se notifique que o pedido está preparado para a súa recollida)
Os produtos a devolver deben ser enviados á seguinte dirección:
Antonio José González Abalo – Charcutería Seco
Area Central, local 23 – 15707 Santiago de Compostela
Charcutería Seco non se responsabiliza de que o Usuario envíe o pedido a unha dirección que non se corresponda coas anteriormente indicadas.
- Cambios
Non se admiten cambios de produtos.
- Devolucións
No caso de que o Usuario non estea conforme cos produtos recibidos no seu pedido, o Usuario, de acordo coa Lei Xeral de Defensa dos Consumidores e Usuarios, disporá dun prazo de sete (7) días naturais para devolver a totalidade do pedido ou, se así o prefire, poderá devolver calquera dos produtos que formen parte do pedido total, todo isto sen penalización algunha e sen necesidade de indicar os motivos. O usuario deberá facerse cargo dos gastos da devolución do pedido (como por exemplo, gastos de envío a través de empresas de mensaxeiría), xa sexa que devolva o pedido por completo ou decida devolver só algún dos produtos do pedido. O medio e a forma de envío para as devolucións destes produtos serán elixidos polo Usuario.
Unha vez que Charcutería Seco comprobe o perfecto estado dos produtos devoltos e que o pedido se atopa en boas condicións, procederá a devolver a cantidade que o usuario pagou polo/s artigo/s co mesmo método de pago empregado para a compra. Notificando o pago da cantidade relativa á devolución do seu produto por correo electrónico.
No caso dunha devolución por "non aceptación da entrega", debido a que o usuario non estaba na súa casa en cada intento de entrega ou non chegou a un acordo co servizo de mensaxería, os gastos de envío iniciais máis os gastos de xestión e retorno serán da súa conta.
Se se realiza unha devolución dun produto incluído nun pedido con gastos de envío gratuítos e, despois de devolvelo, o pedido inicial non cumpre os requisitos para que os gastos de envío sexan gratuítos, descontarase da cantidade a devolver a cantidade que non se cobrou de gastos de envío.
Por razóns de consumo e hixiene, non se aceptarán devolucións de ningún produto aberto ou manipulado do seu embalaxe orixinal.
Non se aceptarán devolucións de produtos pedidos á fábrica expresamente para un cliente.
*As devolucións de diñeiro só se realizarán en pedidos en liña.
- Desistimento
Ao realizar unha compra a través de Charcutería Seco, ten dereito a desistir dese contrato de compravenda. O prazo para exercer o dereito de desistimento é de 14 días naturais dende a recepción do pedido. O prazo de desistimento expirará aos 14 días naturais do día que vostede ou un terceiro por vostede indicado, diferente do transportista, adquiriu a posesión material dos bens.
Para exercer o dereito de desistimento, vostede deberá notificarnos a súa decisión a través dunha declaración inequívoca, para iso poderá usar o formulario de devolución que lle foi enviado co seu pedido en liña, encher a información solicitada e envialo xunto coa devolución.
Para cumprir o prazo de desistimento, só é necesario que a comunicación sobre o exercicio deste dereito sexa enviada antes de que expire o prazo correspondente.
No caso de desistimento por parte súa, reembolsarémolle o importe do/s artigo/s recibidos nas nosas instalacións, logo de comprobar o seu estado, excepto os gastos de envío, a máis tardar 14 días naturais a partir da data na que nos informe da súa decisión de desistir do presente contrato. Levarase a cabo dito reembolso co mesmo método de pagamento empregado no pedido, agás no caso de pagamentos por transferencia bancaria ou contrarrembolso, nos que se efectuará unha devolución por transferencia bancaria. Poderemos reter o reembolso ata recibir os bens ou até que vostede proporcione unha proba da súa devolución, segundo se cumpra primeiro.
Debe devolvernos ou entregarnos os bens sen demora indebida e, en todo caso, a máis tardar no prazo de 7 días naturais a partir da data na que nos comunique a súa decisión de desistir do contrato. Considerarase cumprido o prazo se realiza a devolución dos bens antes de que finalice dito prazo. Debe asumir o custo directo da devolución dos bens. Só será responsable da diminución de valor dos bens resultante dunha manipulación distinta á necesaria para establecer a natureza, as características e o funcionamento dos bens.
- Exclusións
Sen prexuízo do establecido no apartado anterior, Charcutería Seco poderá negar a devolución de certos produtos en virtude do disposto no artigo 103 da Lei Xeral para a defensa dos Consumidores e Usuarios, onde se establece que o dereito de desistimento non será aplicable "ao subministro de bens precintados que non sexan aptos para ser devoltos por razóns de protección da saúde ou de hixiene e que foron desprecintados tras a entrega".
Polo tanto, o dereito de desistimento non será aplicable a contratos que se refiran a:
a) O subministro de bens conforme ás especificacións do consumidor e usuario ou claramente personalizados.
b) O subministro de bens que poidan deteriorarse ou caducar rapidamente.
Agás por defectos de produción e sempre que os produtos non foron manipulados.
As devolucións non serán válidas se o produto foi aberto ou manipulado do seu embalaxe orixinal. Non obstante, neste caso, o cliente poderá solicitar que se lle envíe novamente o produto, facéndose cargo dos gastos de envío.
5. Conta dos Usuarios
O Sitio Web ofrece aos Usuarios a posibilidade de crear unha conta a través dun formulario en liña que deberá ser completado cos datos requeridos no mesmo.
Neste sentido, o Usuario será responsable de indicar os seus datos verdadeiros, exactos, actuais e completos sobre a súa identidade persoal, tal como se solicita na zona de rexistro do Sitio Web de Charcutería Seco e de manter estes datos e facer actualizacións inmediatamente para asegurar a súa exactitude, actualidade e totalidade.
Os Usuarios terán a responsabilidade completa polo uso da súa conta. En consecuencia, os Usuarios son responsables da axeitada custodia e confidencialidade do nome de Usuario e/ou contrasinais que lles permitan acceder á súa conta e comprométense a non ceder o seu uso a terceiros, xa sexa temporal ou permanentemente, nin permitir o seu acceso a terceiras persoas.
En virtude do anterior, os Usuarios deberán notificar de forma inmediata a Charcutería Seco a través do correo electrónico charcuteriasecoareacentral@gmail.com calquera uso indebido do seu nome de Usuario e/ou da súa contrasinal, debido a circunstancias tales como o roubo, extravío ou o acceso non autorizado aos mesmos, co fin de que Charcutería Seco poida proceder á súa cancelación ou bloqueo e/ou inhabilitación tan axiña como teña constancia do indebido uso da súa Conta de Usuario. Mentres non se comuniquen tales feitos, Charcutería Seco quedará eximido de calquera responsabilidade que puidera derivar do uso indebido dos nomes de Usuarios ou contrasinais por terceiros non autorizados.
6. Conduta dos Usuarios no Sitio Web
Os Usuarios comprométense a facer un uso lícito, dilixente, honesto e correcto de calquera información ou contidos aos que accedan a través do Sitio Web, e todo iso baixo os principios da boa fe e respectando en todo momento a legalidade vixente e aos presentes Termos e Condicións de Venda. En particular, pero sen limitación, os Usuarios non deberán:
- Rexistrarse ou comunicar datos que non sexan verdadeiros, exactos, completos e/ou actualizados, nin acceder ao Sitio Web utilizando o nome, datos identificativos ou o contrasinal doutro Usuario ou suplantar a calquera persoa ou identidade.
- Usar o Sitio Web con fins fraudulentos, ou relacionados con delitos penais ou actividades ilícitas de ningún tipo.
- Introducir ou difundir virus informáticos que poidan producir alteracións non autorizadas dos contidos ou sistemas integrantes do Sitio Web.
- Crear un Perfil ou utilizar o Sitio Web para enviar, usar ou reutilizar material ilegal, ofensivo, pornográfico, abusivo, indecente, difamatorio, obsceno ou ameazante de ningún tipo, ou que supoña unha violación de dereitos de autor, marcas rexistradas ou confidencialidade, privacidade ou calquera outro dereito, ou sexa doutra maneira injurioso ou censurable para terceiras partes.
- Descargar, enviar ou distribuír de calquera outra forma contidos ou aplicacións que poidan vulnerar calquera lexislación vixente ou que supoñan unha infracción de dereitos de calquera parte.
Charcutería Seco resérvase o dereito a denegar calquera intento de acceso ao Sitio Web, cancelar contas, eliminar ou modificar contidos, ou cancelar a prestación de Servizos nos casos nos que se produza un uso incorrecto do Sitio Web.
7. Pedidos e condicións de venda
Para a realización dunha compra, o Usuario deberá ser maior de 14 anos, ou ben, no caso contrario, deberá obter previamente a autorización dos seus pais, tutores ou representantes legais, quen serán responsables de todos os actos realizados a través do Sitio Web polos menores a súa cargo.
Charcutería Seco realiza pedidos a toda a Península Ibérica e ás Baleares.
Se o Usuario decidise cancelar e/ou modificar o pedido unha vez realizado, a cancelación e/ou modificación do pedido terá un custo que deberá ser asumido polo Usuario. En concreto, o custo será o que lle comunique Charcutería Seco no momento en que o Usuario decida realizar esta modificación.
8. Prezo e códigos de desconto
Unha vez completados os datos do formulario, o Usuario deberá proceder ao pagamento do pedido a través dos medios de pagamento especificados no Sitio Web.
Posteriormente ao pagamento ser efectuado, o Usuario recibirá un e-mail de confirmación do pedido, no cal se incluirá un resumo dos artigos adquiridos, a modalidade de envío solicitada e a dirección de destino.
Os prezos e os gastos de entrega válidos serán os indicados por Charcutería Seco no momento de realización do pedido por parte do Usuario. Os prezos dos servizos exprésanse en Euros (€), incluíndo os impostos e os gastos de xestión e envío, cuxo importe se indicará no momento da confirmación definitiva de cada pedido.
Por conseguinte, no momento de proceder ao pagamento do pedido, detallarase o prezo total do mesmo, incluíndo as tarifas correspondentes aos gastos de envío.
Charcutería Seco resérvase o dereito a modificar en calquera momento os prezos de venda que figuran na Páxina Web.
Charcutería Seco poderá ofrecer códigos de desconto aos seus Usuarios. Ditos descontos só poderán aplicarse conforme ás instrucións especificadas por Charcutería Seco con respecto a cada código.
Os prezos da tenda en liña poden variar con respecto á tenda física e en función da dirección de entrega e facturación.
Todos os nosos prezos inclúen impostos se son de aplicación.
9. Métodos de pagamento
Charcutería Seco pon á súa disposición a seguinte forma de pagamento.
- Tarxeta de crédito: Con esta forma de pago entrará directamente nun TPV virtual ou plataforma de pagamento SEGURA e deberá introducir os datos requeridos polo noso Banco para efectuar a compra. Esta é a forma máis económica de realizar o pedido porque está exenta de ningún tipo de comisión. Para efectuar o pagamento, a tarxeta ten que estar activada para realizar compras pola internet, se non é así, vostede poderá activar a través do seu banco. Unha vez recibido o pagamento, procederemos ao envío do produto.
Charcutería Seco non se responsabilizará da NON entrega ou retraso de tempo dun paquete se o cliente non facilita os seus datos completos, tal e como indicamos no noso email de pedido, os cales son:
1. Nome completo cos 2 apelidos.
2. Dirección correcta e completa con código postal.
3. Número de teléfono de contacto por se houbese calquera incidencia na entrega.
Cando vostede fai un pedido na nosa tenda, acepta os termos e condicións descritas neste apartado na política de privacidade, eximindo a Charcutería Seco de toda responsabilidade.
10. Información sobre os produtos e servizos
Os datos incluídos no Sitio Web nas descricións dos produtos, están baseados na información proporcionada polos Proveedores de Charcutería Seco e teñen unha función meramente informativa. Facilítase a través desta web información sobre servizos destinados ao coñecemento público que en todo caso se suxeitarán aos termos e condicións expresamente detallados en cada momento e que son accesibles dende esta páxina web, os cales se suxeitarán ás distintas disposicións legais de aplicación.
Charcutería Seco declina calquera responsabilidade pola aparición de erros nesa información, aínda que se compromete a tomar todas as medidas ao seu alcance para corrixir na maior brevidade posible os referidos erros ou omisións tras ter sido informada dos mesmos.Charcutería Seco informa aos Usuarios de que as ofertas, que en caso de realizar, dos produtos ou servizos que se detallan no Sitio Web teñen carácter temporal e en todo caso son unicamente válidas para a tenda en liña.
Charcutería Seco informa a los Usuarios que las ofertas, que en su caso realice, de los productos o servicios que se detallan en el Sitio Web tienen carácter temporal y en todo caso son únicamente válidas para la tienda online. Transcorrido o citado período temporal xa non será posible a compra e as ofertas serán retiradas do Sitio Web.
11. Garantías
O cliente goza dunha garantía total no caso de que o produto sexa defectuoso. Todos os custos asociados á devolución por mal estado, rotura no envío ou outra incidencia correrán a cargo de Charcutería Seco. O cliente deberá contactar Charcutería Seco para informar da falta de conformidade no prazo máximo de 7 días. Charcutería Seco responde das faltas de conformidade que se manifesten nun prazo de dous anos desde a entrega.
No caso de produto defectuoso, Charcutería Seco deberá proceder, segundo corresponda, á substitución, desconto de prezo ou resolución do contrato, xestións que serán gratuítas para o consumidor e usuario. O consumidor e usuario deberá informar a Charcutería Seco da falta de conformidade no prazo de 7 días dende que tivo coñecemento delas. Se se superase dito prazo, calquera dano e prexuízo ocasionados a Charcutería Seco polo atraso na comunicación serán asumidos polo Usuario. Estas garantías aplicaranse tendo en conta a natureza dos bens comercializados no sitio web.
Para formalizar a devolución, o Usuario deberá contactar con Charcutería Seco dentro do prazo concedido de 7 días a través deste enlace ou ben escribindo a charcuteriasecoareacentral@gmail.com indicando o produto ou produtos obxecto de devolución, xunto cunha fotografía e unha relación detallada dos defectos apreciados nos mesmos.
Unha vez que Charcutería Seco recibiu a comunicación do Usuario, informará ao Usuario se procede ou non a devolución do produto. No caso de que proceda a devolución, Charcutería Seco indicará ao Usuario a forma de recollida ou de envío ás súas oficinas/almacéns do produto defectuoso.
Unha vez recibido o produto e comprobados os defectos, Charcutería Seco dará a posibilidade ao Usuario de substituír o produto por outro das mesmas características, salvo que esta opción resulte obxectivamente imposible ou desproporcionada para Charcutería Seco.
No caso de que, por motivos de falta de stock, non se poida proceder ao envío doutro produto con características idénticas, procederase á resolución do contrato e á devolución do importe pagado.
A substitución ou resolución do contrato non implicarán gastos adicionais para o Usuario.
O prazo de devolución dos importes pagados dependerá do método de pagamento que o Usuario utilizara ao comprar o produto.
En calquera caso, Charcutería Seco devolverá os importes pagados no menor prazo posible e, en todo caso, dentro dos 14 días naturais seguintes á data na que o Usuario informara da súa decisión de desistimento do contrato, e unha vez recibidos e comprobados os artigos que foron devoltos.
12. Acceso e Uso
O acceso a esta páxina web e o uso que se faga da información e dos contidos incluídos na mesma serán de exclusiva responsabilidade de quen o leve a cabo. As condicións de acceso a esta web estarán suxeitas á lexislación vixente e aos principios da boa fe e do uso lícito por parte do usuario da mesma, prohibíndose de xeito xeral calquera tipo de acción en prexuízo de secogourmet.com. Considerarase terminantemente prohibido o uso desta páxina web con fins ilegais ou non autorizados. Está prohibida calquera modalidade de explotación, incluíndo todo tipo de reprodución, distribución, cesión a terceiros, comunicación pública e transformación, por calquera tipo de soporte e medio, das obras antes referidas, creacións e sinais distintivos sen autorización previa e expresa dos seus respectivos titulares. O incumprimento desta prohibición poderá constituir unha infracción sancionable pola lexislación vixente. Non obstante, por conta e risco propio, o usuario poderá descargar ou facer unha copia destes elementos exclusivamente para o seu uso persoal, sempre que non infrinxa ningún dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial de secogourmet.com e non os altere na súa totalidade ou en parte. En ningún caso iso significará unha autorización ou licenza sobre os dereitos de propiedade de secogourmet.com. Está prohibido, salvo nos casos que expresamente autorice secogourmet.com, presentar as páxinas de secogourmet.com ou a información contida nelas baixo marcos ou sinais distintivos, marcas ou denominacións sociais ou comerciais doutra persoa, empresa ou entidade.
13. Exclusión de responsabilidade
Charcutería Seco non se fai responsable en ningún caso por ningún tipo de dano que os usuarios poidan causar a esta páxina web, ou calquera outra, polo seu uso ilegal ou indebido, ou dos contidos e informacións accesibles ou facilitadas a través dela.
Entre outros, e só a título enunciativo e non limitativo, Charcutería Seco non se fai responsable de:
- Avarías e incidencias ocasionadas pola falta da debida dilixencia por parte do Usuario ou polo uso indebido do Sitio Web.
- A falta de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento do Sitio Web, excluíndo, na máxima medida permitida pola lexislación vixente, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do Sitio Web.
- O uso ilícito, negligentemente, fraudulento, contrario aos termos dos presentes Termos e Condicións de Venda, ou á boa fe, do Sitio Web, por parte dos Usuarios.
- Os casos de forza maior, entendidos como o fallo, suspensión ou interrupción dos servizos ou utilización do Sitio Web, como consecuencia do bloqueo da rede de Internet, accións ou omisións de terceiras persoas, ou calquera outra causa ou circunstancia independente da vontade do PRESTADOR que impida a utilización normal do Sitio Web.
- A cancelación ou suspensión de servizos do Sitio Web por causas non imputables ao PRESTADOR.
- Dos atrasos na entrega dos pedidos por causas alleas a Charcutería Seco.
- De que os Usuarios desexen realizar cambios e cancelacións dos pedidos fóra dos prazos establecidos nestas condicións.
- Dos atrasos que se puideran producir no envío dos pedidos por causas alleas a Charcutería Seco (aduanas, circunstancias climatolóxicas...) e/ou por circunstancias imputables a terceiras persoas.
- Do uso que os Usuarios fagan dos produtos comprados a través do Sitio Web.
- Da mala conservación e mal uso que se lles dea aos produtos adquiridos a través do Sitio Web.
En todo caso, Charcutería Seco comprométese a solucionar os problemas que poidan xurdir e a ofrecer todo o apoio necesario ao Usuario para chegar a unha solución rápida e satisfactoria da incidencia.
14. Propiedade Intelectual e Industrial
Os dereitos de propiedade intelectual da páxina www.secogourmet.es, o seu código fonte, deseño, estruturas de navegación e os distintos elementos contidos nela son titularidade de Antonio J. González Abalo-Charcutería Seco, 44806673M, a quen corresponde o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación dos mesmos de calquera forma e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, de acordo coa lexislación española e da unión europea aplicable. A tenda virtual secogourmet.com, as páxinas que a comprenden e a información ou elementos contidos nas mesmas, inclúen textos, documentos, fotografías, debuxos, representacións gráficas, programas informáticos, así como logotipos, marcas, nomes comerciais ou outros signos distintivos, protexidos por dereitos de propiedade intelectual ou industrial, dos que secogourmet.com son titulares ou legítimas licenciadas.
Por iso, e en virtude do disposto no Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, rexulando, aclarando e harmonizando as disposicións lexislativas vixentes sobre a materia (doravante, “Lei de Propiedade Intelectual”), así como na Lei 17/2001, do 7 de decembro de Marcas e na lexislación complementaria en materia de propiedade intelectual e industrial, queda expresamente prohibida a reprodución, transmisión, adaptación, tradución, distribución, comunicación pública, incluída a súa modalidade de posta á disposición, da totalidade ou parte dos contidos do Sitio Web, en calquera soporte e por calquera medio técnico, salvo autorización expresa outorgada por escrito por parte de Charcutería Seco.
Charcutería Seco non concede ningunha licenza ou autorización de uso de ningún tipo sobre os seus dereitos de propiedade intelectual e industrial ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado co Sitio Web, e en ningún caso se entenderá que o acceso e navegación dos Usuarios implica unha renuncia, transmisión, licenza ou cesión total nin parcial de ditos dereitos por parte de Charcutería Seco.
15. Hiperligazóns
As hiperligazóns contidas no sitio web de secogourmet.com poden dirixir a páxinas web de terceiros. Charcutería Seco non asume ningunha responsabilidade polo contido, informacións ou servizos que poidan aparecer neses sitios, que terán exclusivamente carácter informativo e que en ningún caso implican relación algunha entre Charcutería Seco e as persoas ou entidades titulares de tales contidos ou titulares dos sitios onde se atopan.
16. Modificacións
Charcutería Seco resérvase o dereito a realizar tantas modificacións como considere oportunas nos presentes Termos e Condicións de Venda, no caso de que se comunique previamente aos Usuarios.